Javier González Fernández, coñecido como Javi González, nado en Valladolid o 27 de febreiro de 1989, é un preparador físico español. Dende 2023 exerce dita función no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, vencellouse dende os 21 anos ao deporte profesional.[1] Fixo prácticas en varios clubs de fútbol da Premier League inglesa, como o Manchester United, el Chelsea e o Newcastle, e preparouse tamén no Atlético de Madrid, Osasuna a Albacete.[1]
Na súa cidade natal traballou no CB Valladolid de balonmán e no Real Valladolid de fútbol, colaborando co primeiro equipo dirixido por Miroslav Đukić.[2] En 2016 converteuse no preparador físico do Lealtad e tras pasar polo Valladolid B marchou a Chipre, para exercer as mesmas funcións no AEK Larnaca, adestrado polo vasco Imanol Idiakez.[3] Posteriormente pasou pola selección taiwanesa, onde o sorprendeu a irrupción da pandemia de COVID-19,[4] polo Goa e o Mohun Bagan da India e polo Cancún mexicano, onde traballou co irmán de Imanol Idiakez, Iñigo.[5]
En 2023 ingresou no Deportivo da Coruña, como novo preparador físico, de novo xunto a Imanol Idiakez.[6]
Notas