Javier Domínguez Álvarez, nado en Ourense en 1957 é un músico e escritor galego, membro fundador de Los Suaves.
Traxectoria
Profesionalmente, licenciouse en Xeografía e Historia pola universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu a súa carreira como profesor de instituto, onde foi destinado a Pontevedra. Tamén ten participado na escritura de libros de texto de historia contemporánea.
A finais dos anos setenta funda en Ourense a banda de rock Los Suaves a canda os seus irmáns Charli Domínguez e Yosi Domínguez. Con todo, abandona o grupo pouco despois.
Obra