Javier Casal Ferreira, nado en Marín o 2 de outubro de 1973, é un xornalista galego. Traballou para a Cadena SER e dirixiu e presentou o informativo Hora 14.
Traxectoria
É fillo de Pichichi, o fundador da primeira autoescola de Marín.[1]
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, a súa vida profesional sempre estivo ligada á Cadena SER. En 1991 comezou a traballar en Radio Pontevedra e despois en Diario de Pontevedra. En 1997 incorporouse á redacción central dos Servizos Informativos da Cadena SERx en Radio Madrid, formou parte da redacción, dirixiu e presentou Matinal SER. Ddurante oito tempadas foi redactor xefe da edición Fin de Semana dos Servizos Informativos, dirixindo e presentando a informativos Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Desde decembro de 2005 a decembro de 2007 foi director e presentador do informativo Hora 20.[2]
Desde setembro de 2005 até abril de 2010 foi subdirector da informativo Hora 25, primeiro baixo a dirección de Carlos Llamas e despois con Àngels Barceló, sendo o condutor substituto durante os períodos de vacacións. Cubriu distintos acontecementos nacionais e internacionais. O naufraxio do Prestige, as eleccións americanas de 2004, a morte de Xoán Paulo II e estivo á fronte dos informativos da SER durante a fin de semana posterior ao 11-M.
Ocupou o posto de Editor Xefe de Cadena SER.com, impulsando o proxecto de integración das redaccións analóxica e dixital. Durante esa etapa puxo en marcha as primeiras webs locais en Madrid, Barcelona, Sevilla e Bilbao e realizou a formación das redaccións. Desde xuño de 2011 até setembro de 2022 ocupou a xefatura de contidos rexionais da Cadena SER en Madrid.
En 2022 substituíu a José Antonio Marcos na dirección de Hora 14 da Cadena Ser.[3][4]
Foi profesor de Xornalismo Radiofónico e Tratamento da Información en Radio na Facultade de Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid e impartiu clases de radio na Escola de Xornalismo de El País.[5][6] Tamén foi profesor na Universidade Nebrija.[7]
En 2014 foi galardoado coa Antena de Plata[8] polo programa 'La Ventana de Madrid'.
Foi o pregoeiro das Festas do Carme 2023 en Marín.[7]
Notas
Ligazóns externas