Jani Allan Kristian Liimatainen, nado en Kemi o 9 de setembro de 1980, é un guitarrista finés principalmente coñecido polo seu traballo na banda de power metal Sonata Arctica, da que foi un dos membros fundadores.
Traxectoria
Comezou a súa carreira musical aproximadamente aos 14 anos. O seu desenvolvemento musical baseouse principalmente na autoaprendizaxe, aínda que nos seus inicios recibiu algunhas leccións que lle serviron como base para desenvolver a súa técnica, moi influenciada por grupos como Dream Theater e Pain of Salvation e por guitarristas como Yngwie Malmsteen, Steve Vai e Mattias Eklundh.
Jani tamén formou parte de Altaria, grupo de power metal co cal gravou catro discos antes de abandonalo para dedicarse completamente a Sonata Arctica.
Debido ós seus "deberes civís" viuse obrigado a apartarse de Sonata Arctica e foi substituído, en principio temporalmente polo guitarrista Elias Viljanen. Porén, en maio de 2007 foi apartado definitivamente do seu posto na banda, aínda que isto non foi oficialmente confirmado ata o 6 de agosto.
Na actualidade mantén un novo proxecto xunto a Henrik Klingenberg, teclista de Sonata Arctica. Este recibe o nome de Graveyard Shift e trátase dun grupo de death metal melódico influenciado por grupos como In Flames, Soilwork e Strapping Young Lad. Ata o momento só se gravou unha demo de 4 pistas.
Este guitarrista novo demostrou ser un mozo virtuoso, que xunto a outras grandes novas promesas como Alexi Laiho, gravaron os seus primeiros discos comerciais pouco despois de cumpriren 18 anos.
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas