In Flames é unha banda sueca de death metal melódico e metal alternativo procedente de Gotemburgo, formada no ano 1990. Dende a súa creación leva editados once álbums de estudio, tres EPs e un DVD ao vivo. Cara ao ano 2008 In Flames tiña vendido ao redor dos 2 millóns de discos en todo o mundo.[3]
In Flames, xunto con Dark Tranquillity e At the Gates, foron as pioneiras do que na actualidade é coñecido como death metal melódico. Os membros fundadores das tres bandas viven en Gotemburgo, Suecia e eran amigos que compartían os memos intereses musicais. Finalmente, ese grupo de amigos formarían tres bandas coa mesma dirección musical.
Membros
- Membros actuais
- Antigos membros
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas