Jacobo Paz, nado na Coruña en 1979, é un guionista e dramaturgo galego.
Traxectoria
Experto en Cine e Teatro pola Universidade da Coruña. Foi guionista de series de televisión como Pratos combinados ou As leis de Celavella, traballo polo que recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia do Audiovisual Galego. Ten publicados dous libros individuais e máis dunha ducia de pezas teatrais en revistas especializadas. O Centro Dramático Galego estrea Estigma en 2008, obra desenvolvida durante a súa estadía como autor residente no Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Escribiu varios documentais e curtametraxes e foi redactor dun reality show. Na actualidade desenvolve formatos para televisión.
Obra
Teleseries
Documentais
Teatro
Curtametraxes
Obras escritas publicadas
Obras colectivas
Véxase tamén
Ligazóns externas