J.J. O’Connell

Modelo:BiografíaJ.J. O’Connell
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1887 Editar o valor en Wikidata
Condado de Mayo, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1944 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
EducaciónUniversity College Dublin Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
LealdadeEstado Libre Irlandés Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata

JJ "Ginger" O'Connell (18871944) foi un tenente xeneral das Forzas de Defensa Irlandesas.

Naceu no condado de Mayo e estudou no University College Dublin, dende 1912 ata 1914 estivo no Exército dos Estados Unidos.

En 1914 regresou a Irlanda, ingresando nos Voluntarios Irlandeses.

En 1916 foi enviado a Cork por Eoin MacNeill para evitar o Alzamento de Pascua; tralo Alzamento foi arrestado e ingresou en prisión. Durante a Guerra da Independencia Irlandesa foi membro do Irish Republican Army como asistente de Richard Mulcahy.

Na división do IRA despois de que o Dáil Éireann ratificara o Tratado Anglo-Irlandés, apoiou o tratado e foi nomeado Xefe Adxunto do Estado Maior no novo exército do Estado Libre Irlandés, o exército nacional. O 26 de xuño de 1922 foi secuestrado polas forzas contrarias ao tratado dirixidas por Ernie O'Malley, como represalia polo arresto dun oficial anti-tratado. O seu secuestro foi un factor determinante no estoupido da Guerra Civil Irlandesa, cando as forzas do goberno pro-tratado atacaron ás forzas contrarias ao tratado que se encontraban ocupando Four Courts dous días antes. O'Connell sobreviviu aos ataques e pasou o resto da Guerra Civil como asistente de Eoin O'Duffy e Richard Mulcahy.

Ocupou varios cargos nas forzas armadas irlandesas, incluíndo o de xefe da intelixencia ata a súa morte en 1944, cando tiña 57 anos.