Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músicogalego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rockLos Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".
Traxectoria
Trala separación de Los Piratas a finais de 2003, Iván decidiu non afastarse do mundo da música, e comezou a tocar co seu irmán Amaro nun pub de Vigo, chamado El Ensanche. As actuacións celebrábanse tódolos mércores anunciadas como «Rai Doriva e As Ferreiro». Os irmáns Ferreiro facíanse pasar por dúas amas de casa (Ivonne e Tamara) que para perder o seu medo escénico acompañaban ó cantante portugués Rai Doriva, que porén nunca acudiu ós concertos. Pese a non facer publicidade, pronto moita xente soubo del e comezou a acudir ós concertos que semanalmente daban os irmáns Ferreiro, que máis tarde comezaron a actuar tamén en Nigrán (Pontevedra), versionando cancións de Los Planetas, Andrés Calamaro e Alaska y Dinarama entre outros.
Mentres, Iván Ferreiro continuaba creando temas e pronto tivo suficiente material como para editar un disco: Canciones para el tiempo y la distancia (2005), que o consagraría como cantante en solitario. Na súa xira Tournedo, coa que percorreron toda España, Iván tocou acompañado do seu irmán Amaro á guitarra e de Karlos Arancegui á batería.
O seu seguinte álbum de estudio, publicado a finais de outubro de 2006, titúlase Las siete y media e reúne oito cortes que o artista compuxo durante a súa xira "Tournedo 2006".
En 2018 puxo voz a "Fariña", canción de apertura de Fariña (serie de televisión de Antena 3), en galego, unha lingua que non empregou demasiado ao longo da súa carreira.[1]