Pai da Nação (pt)
Ismail Qemali |
Nome orixinal | (sq) Ismail Qemal Bej Vlora |
---|
|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1844 Vlorë, Albania |
---|
Morte | 24 de xaneiro de 1919 (75 anos) Perugia, Italia |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
|
1º Primeiro ministro de Albania |
---|
4 de decembro de 1912 – 22 de xaneiro de 1914 – Fejzi Alizoti (en) → |
1º Minister of Foreign Affairs (en) |
---|
4 de decembro de 1912 – xuño de 1913 – Turhan Përmeti (en) → |
|
|
Relixión | Islam, Xiísmo e Bektashis (pt) |
---|
Educación | Zosimaia School (en) (1855–1859) |
---|
|
Campo de traballo | Despertar nacional da Albânia (pt) e política |
---|
Ocupación | político, pensador, revolucionario, xefe de estado, diplomático, estadista, tradutor |
---|
Membro de | |
---|
|
Familia | Q25563825 |
---|
Fillos | Et'hem bej Vlora, Qamil bej Vlora |
---|
Pai | Mahmud bej Vlora |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) |
---|
|
Ismail Qemali, nado en Vlorë o 16 de xaneiro de 1844 e finado en Bari o 24 de xaneiro de 1919, foi un líder nacionalista albanés, fundador do estado independente de Albania no ano 1912 e primeiro ministro ata o comezo da primeira guerra mundial no ano 1914.
Traxectoria
Nado nunha familia nobre, tras cursar os estudos primarios na súa cidade natal estudou secundaria en Ioánina e trasladouse a Istambul, onde participou nos esforzos por estandarizar o idioma albanés e a creación dunha asociación cultural albanesa.
Dentro do Imperio Otomán desempeñou importantes funcións na administración. Porén as súas políticas liberais e as peticións de reformas democráticas levárono a confrontarse co círculos de poder de Istambul. A Sublime Porta condenouno a prisión, sendo indultado sete anos despois.
Foi un dos fundadores e principais figuras do Congreso Nacional Albanés, así como o pai da Declaración de Independencia de Albania e da formación dun goberno independente o 28 de novembro de 1912. De xeito simbólico o alzamento da bandeira albanesa en Vlorë por parte de Isa Boletini, Luigj Gurakuqi e o propio Qemali puxo punto final a case quiñentos anos de dominio otomán.
Véxase tamén
Ligazóns externas