Ismael Álvarez Rodríguez, nado en Devesas (Ponferrada) o 13 de xullo de 1950, é un político berciano.
Traxectoria
Licenciado en Dereito, militante do Partido Popular, concelleiro en Ponferrada desde 1991, senador (1993-1997), elixido alcalde de Ponferrada e procurador nas Cortes de Castela e León en 1999, o 26 de marzo de 2001 a concelleira do seu propio grupo Nevenka Fernández presentou unha querela contra el por acoso sexual, tras a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León presentou a dimisión dos seus cargos o 7 de xuño do 2002.