Iria Vázquez Silva, nada en Vigo en 1980, é unha profesora universitaria e escritora galega.[1]
Traxectoria
Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2004),[2] é doutora tamén en Socioloxía coa tese La inmigración senegalesa en Galicia: remesas y cuidados en familias transnacionales (2014). Foi profesora interina de socioloxía na Universidade de Vigo e integrante do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña.
Realizou o proxecto Mulleres inmigrantes, lingua e sociedade. Novas perspectivas para a integración (2015-2017), desenvolvido na Universidade de Vigo e financiado pola Xunta de Galicia.[3] Especialista en xénero pola Universidade de Vigo e en igualdade pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas liñas de investigación abranguen a socioloxía das migracións, ademais da socioloxía do traballo e de xénero.[4] Traballou no ámbito da intervención social con mulleres en situación de violencia e colaborou con diversos colectivos feministas de Galiza.[5]
Publicou no Journal of Ethnic and Migration Studies "Transnational mothering strategies: Senegalese experiences" (2017), con Luna Vives. Publicou artigos na Soziologia eta zientzia politikoaren euskal aldizkaria (en galego, Revista vasca de socioloxía e ciencia política) e en diversos congresos.[6]
Obras
Notas