Iria Pedreira Sanjurjo, coñecida como Iria Pedreira, nada en Vilamaior (Ordes) o 6 de xaneiro de 1991, é unha filóloga, tradutora e escritora galega.[1]
Traxectoria
Foi grao en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela (2009-2013) e doutora cum laude no Programa de doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa pervivencia (Universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Valladolid), tese: Recepción, interpretación e adaptación dos clásicos grecolatinos na literatura dramática galega (2019). Foi Mestrado en Textos de la Antigüedad Clásica y su pervivencia na Universidade de Salamanca (2013-2014) e Mestrado Universitario de Formación de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, Especialidade de Grego na Universidade Nacional de Educación a Distancia (2020-2021).[2]
Está vinculada a diversos proxectos de crítica literaria.[1]
Obras
Traducións
Obra colectiva
- Ferreñas e Rock and Roll (2019). A Coruña: Baía Ed. 84 páxs. ISBN 9788499953304. Con Laura Romero.[4]
- Scripta manent: nuevas miradas sobre los estudios clásicos y su tradición (2021). USC, colección Lucus-Littera
Premios e recoñecementos
- 2018: Ferreñas e Rock and Roll fíxose grazas á concesión dun premio no II Concurso de Ideas Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.
- 2020: Ferreñas e Rock and Roll foi finalista nos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de obra divulgativa.
- 2022: a tradución de Ión e Ciclope de Eurípides foi candidata Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de obra traducida.
Notas