A ionización é o proceso químico ou físico polo que se producen ións; átomos ou moléculas cargadas electricamente debido ao exceso ou defecto de electróns respecto a un átomo ou molécula neutro. A especie con máis electróns que o átomo ou molécula neutros chámase anión, posuíndo unha carga neta negativa. A que ten menos electróns catión, cunha carga neta positiva. Existen varios xeitos polos que se poden formar ións de átomos ou moléculas.