Interplanetary Monitoring Platform, ou abreviadamente IMP, foi o nome dun modelo de satélites artificiaisestadounidense pertencente ó programa Explorer e operado polo Centro Goddard de Voos Espaciais. Os satélites IMP estaban adicados ó estudo do medio interplanetario, incluíndo o plasma e o campo magnético, e foron insertados en diferentes órbitas arredor do Sol, permitindo o estudo das relacións temporais e espaciais de distintos fenómenos interplanetarios. Os IMP formaron unha rede de alerta temperá ante fenómenos soares durante as misións do proxecto Apollo.[1][2][3][4][5]
En total lanzáronse dez satélites da serie IMP, todos exitosos.[1][2][3][4][5]