Explorer 41, tamén coñecido como IMP-G ou IMP-5 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform G ou 5), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de xuño de 1969 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Características
A misión de Explorer 41 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos a distancias lunares.[2][5][6]
A nave estabilizábazase mediante xiro a 27,5 r.p.m. Explorer 41 foi inxectada nunha órbita inicial de 213.849 km de apoxeo e 378 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 83,8 graos e un período de 4840,0 minutos. Funcionou sen problemas ata a súa reentrada na atmosfera o 23 de decembro de 1972.[1][3][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 41 (IMP-5)" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Explorer 41" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2013. Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 19 September 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (69-21917): 2. 2 de outubro de 1969. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 41 / IMP 5" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP F, G" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2013. Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos