O Instituto Sueco do Cine (en sueco Svenska Filminstitutet) foi fundado en 1963 co fin de apoiar e expandir a industria sueca de cine. O Instituto ten a súa sede no edificio Filmhuset localizado en Gärdet, un lugar de Östermalm, en Estocolmo. O edificio, acabado en 1970, foi deseñado polo arquitecto Peter Celsing.
O Instituto Sueco do Cine apoia a filmación de películas suecas e asigna subvencións para a produción, distribución e exhibición pública de películas suecas en Suecia, así como tamén se encarga de promocionar o cine sueco internacionalmente. Ademais, o Instituto organiza anualmente os Premios Guldbagge.