Para a inmunoglobulina E véxase:
IgE.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia.[1][2]
Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma presta servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolve bases de datos de interese público tales como referentes á poboación, nacementos, defuncións, densidade ou sobre aspectos económicos ou sociais, analiza as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegura a súa difusión.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas