A Institución Galega da Ciencia, habitualmente coñecida coma IGACIENCIA, é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para a promoción e o desenvolvemento das actividades científicas en Galicia, e que defente o emprego da lingua galega no ámbito científico. Entre os seus fins atópase concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia, achegar á sociedade a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas e participar en actividades divulgativas no eido científico.
Normalización e dinamización lingüística: traballa organizando o Día da Ciencia en galego, que celebrou a súa primeira edición no ano 2010 coa temática de Matemáticas, e que contou coa colaboración da Asociación do Profesorado de Educación Matemática de Galicia. Nesa primeira edición homenaxeáronse ao galego Ramón María Aller Ulloa, ademais de a Afonso X e James Clerk Maxwell.[2]
Investigación e desenvolvemento: traballa en diversos proxectos, coma Inventa en Galego, Sensores para todos, A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz,Rally Científico e Matemático, Arte e Ciencia ou o obradoiro A Maxia da Robótica, que se complemente co Concurso Galego de Robótica, celebrado desde 2008 e contou coa colaboración da Fundación Barrié e EducaBarrie. Desde 2018 patrocínao o Concello de A Coruña, así como Arte e Ciencia e Escher. Organiza tamén conferencias sobre Software libre, Drons, IA,...
Educación: traballa a través de programas e actividades como Ciencia e Futuro, con conferencias dirixidas a alumnos de secundaria.
Conferencias e Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego
Divulgación científica: traballa a través de dúas publicacións. As revistas Labirinto e Revista Labirinto Dixital.[3]