Instinto básico (en inglés: Basic Instinct) é un filme estadounidense neo-noir[3] e suspense erótico de 1992 dirixido por Paul Verhoeven e escrito por Joe Eszterhas. Está protagonizado por Michael Douglas e Sharon Stone. Conta a historia dun detective da policía, Nick Curran (Douglas), que investiga o caso do brutal asasinato dunha estrela de rock. Durante a investigación, Curran involúcrase nunha intensa relación coa principal sospeitosa, Catherine Tramell (Stone), unha enigmática escritora.
Eszterhas desenvolveu o guión na década de 1980, que se converteu en obxecto dunha guerra de licitacións até que Carolco Pictures adquiriu os dereitos do filme. Dende ese momento, Verhoeven asinou para dirixilo proxecto e despois sumáronse Douglas e Stone, logo de que moitas actrices fosen consideradas para o papel de Tramell. Antes da súa estrea, Instinto básico xerou moita controversia por mor da súa representación gráfica de sexualidade e violencia, incluíndo unha escena de violación. Foi fortemente rexeitada polos activistas dos dereitos LGTB, que criticaron a representación do filme dunha relación homosexual e a descrición dunha muller bisexual como unha psicópata asasina.[4][5] Nunha entrevista de 2006, Stone alegou que a escena na que ela separa as pernas e a súa vulva quedaba exposta foi filmada sen o seu coñecemento.[6]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas