Os Indianapolis Indians son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Indianápolis, Indiana. O club, de clase Triple-A, compite na Midwest Division da International League. Anteriormente competiu na American Association (1902–1962, 1969–1997) e na Pacific Coast League (1964–1968). Os Indians están afiliados desde 2005 aos Pittsburgh Pirates da Major League Baseball. O equipo xoga os seus xogos como local no Victory Field, un estadio inaugurado no ano 1996 con capacidade para 12.230 espectadores, ampliábeis até os 14.230.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas