Indian Horse é un filme canadense de 2017 dirixido por Stephen Campanelli e escrito por Dennis Foon.[2] Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2017[2] e estreouse nos cinemas do Canadá no 2018.
É unha adatación da novela Indian Horse,[2] do autor ojibwa Richard Wagamese e conta a historia de Saul Indian Horse, un rapaz indíxena canadense das Primeiras Nacións que sobrevive o sistema de escolas residenciais indias para converterse nunha estrela do hóckey sobre xeo.[3] O filme aborda a historia das escolas residencias do Canadá.[4][5] Está protagonizado por Sladen Peltier no papel de Saul con 6 anos, Forrest Goodluck como Saul con 15 anos e Ajuawak Kapashesit como Saul con 22 anos,[2] así como Edna Manitowabi, Evan Adams, Michiel Huisman, Michael Murphy e Martin Donovan nos papeis secundarios.[2]
Personaxes
Notas
- ↑ "Indian Horse (2018)". Box Office Mojo. Consultado o 4 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Takeuchi, Craig (23 de agosto de 2017). Vancouver Free Press, ed. "Film adaptation of Richard Wagamese's novel Indian Horse to screen at VIFF 2017". Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ Peebles, Frank (2 de febreiro de 2017). Prince George Citizen, ed. "Indian Horse head to screen with local talent". Glacier Media. Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ "About the Film". Indian Horse. Consultado o 25 de marzo de 2019.
- ↑ De Vore, Alex (19 de febreiro de 2019). Santa Fe Reporter, ed. "‘Indian Horse’ Review". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
Ligazóns externas