A illa de Cabo Bretón (inglés Cape Breton Island, francés Île du Cap-Breton) é unha grande illa da Nova Escocia, na costa do océano Atlántico do Canadá.[1] Os primeiros habitantes de Cabo Bretón foron os indios micmac. Giovanni Caboto foi talvez foi o primeiro explorador europeo en visitar Cape Breton, pero historiadores non se poñen de acordo. Francia colonizou Cabo Bretón e formou parte como Île Royale da colonia francesa de Acadia. En 1763 Cape Breton pasou a formar parte do Imperio Británico. No século XIX os inmigrantes de Escocia e a cultura gaélica dominaban a illa.