É de orixe aluvial, xa que está formada polos sedimentos que deposita o Ebro xusto antes de desembocar no mar Mediterráneo. Con forma de triángulo investido co vértice cara ao sur, a illa está rodeada polos dous brazos do río, o principal (a vertente de Levante) ao norte, que a separa da illa de Sant Antoni, e o secundario (a vertente sur) ao oeste; o lado leste, coa praia de Buda, está bañado polo Mediterráneo e culmina no extremo oriental no cabo de Tortosa, preto do que se alza o faro de Buda.
No seu interior atópanse as lagoas do Calaix Gran (ou de Dalt) e o Calaix de Mar (ou de Baix), que é hábitat dun gran número de especies de paxaros.
Chegou a ter uns 200 habitantes durante a década de 1950, cando unhas corenta familias se instalaron para cultivar arroz e construíron as súas casas, unha escola e unha capela. Mesmo organizaron festas maiores e crearon un equipo de fútbol. Actualmente, aínda que se continúa cultivando arroz, na illa de Buda só quedan dous matrimonios maiores. Situada dentro do Parque Natural do Delta do Ebro, para acceder necesítase unha autorización expresa.