A illa de Santa Inés é unha illa de Chile que forma parte do arquipélago de Terra do Fogo, localizada ao suroeste da península de Brunswick, da que está separada polo estreito de Magallanes e outras illas menores. Ten unha superficie de 3.688 km², sendo a illa máis grande da comuna de Punta Arenas e a terceira maior do arquipélago de Terra do Fogo, logo da illa Grande e da illa Hoste.
Características
Administrativamente, pertence á comuna de Punta Arenas, á Provincia de Magallanes e á XII Rexión de Magallanes e da Antártida Chilena.
O seu litoral nesta área é parte da Área Protexida Costeira e Mariña de Francisco Coloane. O resto da illa é parte da Reserva Nacional Alacalufes, do mesmo xeito que a illa Desolación e a península de Córdova. Esta última atópase enfronte da illa, no outro lado do estreito de Magallanes e é unha península da illa Riesco. A illa pertence ao arquipélago de Terra do Fogo. O punto máis alto da illa está a 1.341 metros.
A illa alberga un pequeno campo de xeo chamado Grandes Ventisqueros. Ten unha costa moi recortada con varios fiordes.
Véxase tamén
Ligazóns externas