A illa Sangir[1] (indonesio: Pulau Sangir / Pulau Sangir Besar) coas variantes de ortografía "Sangihe", "Sanghir" ou "Sangi", é unha illa no grupo das illas Sangir. O seu nome indonesio significa literalmente "Gran Sangir", en referencia ao feito de que a illa é a principal do arquipélago. É parte da provincia de Célebes Setentrional. A lingua principal é a lingua sangir.
Xeografía
A illa de Sangir é unha illa volcánica, situada no Mar de Célebes, entre a península setentrional de Sulawesi e a parte máis meridional de MindanaoFilipinas.
O clima é tropical húmido. A maior parte do territorio está cuberto de amplos e frondosos bosques. O pico máis alto é o "Gunung Awu", na parte norte da illa, un volcán activo cuxa última erupción remóntase a 2004.
O centro principal é Tahuna, onde tamén hai un pequeno aeroporto. A actividade principal na illa é a pesca.
Historia
Foi o escenario dunha violenta erupción do volcán Gunung Awu en marzo de 1856. A montaña existente cambiou debido á erupción, e produciuse unha gran inundación. O número de mortos estímase por encima dos dous mil, e posiblemente chegou a 6.000. Outras erupcións importantes ocorreron en 1966 e 2004.