A Igrexa de Suecia (sueco: Svenska kyrkan) é unha igrexa evanxélica luterana nacional. Ata o ano 1999 foi a igrexa do estado sueco. Ten a súa sede en Uppsala e a finais de 2017 tiña 6 millóns de bautizados, sendo a maior denominación cristiá de Suecia.[1]
É litúrxica e teoloxicamente "igrexa alta", conservando sacerdotes, vestimentas e a Misa durante a Reforma en Suecia. En común con outras igrexas evanxélicas luteranas (particularmente nos estados nórdicos e bálticos), a Igrexa de Suecia mantén o episcopado histórico. Algunhas igrexas luteranas teñen política congregacional ou política episcpal modificada sen sucesión apostólica, pero o episcopado histórico mantense en Suecia e noutras nacións luteranas da Comuñón de Porvoo.
A Igrexa de Suecia é coñecida pola súa posición liberal en materias teolóxicas, particularmente na cuestión da homosexualidade. Cando Eva Brunne foi consagrada como Bispo de Estocolmo en 2009, converteuse na primeira bispo abertamente lesbiana do mundo.[5]
A pesar dunha significativa perda anual de membros (recentemente dun 2% cada ano), a súa membresía de 5 993 368 persoas en 2017 representa o 59,3% da poboación sueca.[1] O alto número de membros débese a que ata 1996 todos os nenos nacidos no país eran feito membros, a menos que os seus pais cancelasen activamente a súa membresía.[6] Ao redor dun 2% dos membros da igrexa vai regularmente ao servizos dominicais. Segundo unha enquisa de Gallup realizada en 2009, o 17% dos suecos considera a relixión como unha parte importante da súa vida.[7]