Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro

Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro
Igrexa de Santa María do Campo
PaísEspaña
LocalizaciónViveiro
Coordenadas43°39′42″N 7°35′40″O / 43.661646, -7.594483
DioceseDiocese de Mondoñedo-Ferrol
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de Santa María do Campo.

A igrexa de Santa María do Campo é un templo relixioso situado en Viveiro, na provincia de Lugo. Está situada na parte máis alta do centro histórico, xunto ao Convento das Concepcionistas.

Historia

É a igrexa máis antiga da vila. É de estilo románico, seguramente construída no século XII, se ben non se coñece con exactitude a data de construción. Segundo o Libro de actas do Concello[1], esta basílica remóntase a unha época antiquísima na súa construción e tan difícil de descubrir que se perde na historia dos séculos.

Arquitectura

A fachada principal consta de 4 arquivoltas semicirculares, apoiadas as interiores sobre tres columnas. Catro pasos ofrecen o acceso ao templo. Sobre a portada hai un tornachoivas, e sobre el un rosetón. A fachada termina en punta de dúas vertentes e está coroada por unha cruz. Ten aos lados dúas torres cuadrangulares, rematadas en forma de campá. Na da esquerda está situado un reloxo e na da dereita o campanario con tres campás.

A planta é de forma basilical, con tres naves separadas por columnas: a central de seis metros de ancho e as laterais de tres. O templo posúe magníficos ornamentos e ourivaría, destacando a gran cruz procesional, que data do século XVI

Notas

  1. folio 29 volto, de 1863. Arquivo municipal de Viveiro