A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Arquitectura
A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.
Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha seteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.
Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.
No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.
A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.
En outubro de 2010 un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario[1].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos