José Ignacio Cabezón Lorenzo, nado en Ferrol en 1954 e finado o 8 de decembro de 2021,[1] foi un médico e político galego.
Traxectoria
Foi o candidato á alcaldía de Neda por Terra Galega nas eleccións municipais de 2007 nas que a súa formación obtivo seis concelleiros e foi a máis votada. Logo dun pacto co Partido Popular accedeu ao goberno do concello. En agosto de 2010 volveu presenta-la súa candidatura ás municipais de 2011, esta vez nas filas do PPdeG[2], coas que acadou a maioría absoluta. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía en favor do PSdeG-PSOE, o cal gañou con 5 concelleiros fronte ós 4 seus. Volveu ser candidato do PPdeG nas municipais de 2019 pero non conseguiu recupera-la alcaldía, xa que os socialistas revalidaron o goberno cunha ampla maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos