Ida Holz Bard, nada en Montevideo o 30 de xaneiro de 1935, é unha enxeñeira, informática, profesora e investigadora uruguaia. Destacou por ser pioneira no campo do Internet e da computación.
Traxectoria
Provén dunha familia rica xudía de orixe canadense. Entre os 18 e os 22 anos estivo en Israel, onde estivo no exército e nun kibbutz.[1]
Cursou o preparatorio de arquitectura ao volver ao Uruguai mentres traballaba a xornada completa polo día.[1]Anos máis tarde comezou o profesorado de matemáticas no Instituto de Profesores Artigas. Neste centro o seu profesor de Lóxica matemática convidouna a presentarse a unha proba para acceder aos cursos de IBM que ofrecía a Universidade da Républica na área de Computación, que superou.[1]
Formou parte das primeiras xeracións de estudantes en computación uruguaios a principios dos anos 70, formados na Facultade de Enxeñaría da Universidade da República.[2]
En 1964 casou co artista Anhelo Hernández, dedicado á pintura contemporánea, e que integrou o Taller Torres García. En 1976 a parella partiu ao exilio en México. Nese período, Holz traballou na Dirección Xeral de Política Económica e Social. Tamén traballou no Instituto Nacional de Estatística, no que chegou a ser directora da Dirección de Desenvolvemento Informático.[1] Ofrecéronlle a dirección do instituto, pero xa decidira retornar ao Uruguai.[3]
Concursou pola dirección do Servizo Central de Informática da Universidade da República (SeCIU), México, en 1986, e obtivo o posto. Dende esta posición Ida Holz liderou o desenvolvemento de Internet no Uruguai[1] desde principios dos anos 90. Xogou un rol destacado no desenvolvemento e evolución das Teconoloxías da Información e a Comunicación no Uruguai. Desde 2005 estivo na dirección da Axencia de Sociedade da Información e do Coñecemento do Uruguai (Agesic). Tamén foi unha das impulsoras do Plan Ceibal.[4]
Foi coñecida pola súa oposición nun foro celebrado en Río de Janeiro de 1991, onde os Estados Unidos e Europa pretendían impoñer a súa hexemonía no goberno da nacente rede mundial de Internet.[3]Estivo no equipo que creou o borrador do futuro Foro Latinoamericano de Redes.[1]
En 1994 o SeCIU instalou o primeiro nodo de Internet no Uruguai baixo a súa dirección.[5] Ida Holz xogou un papel importante na Cooperación Latinoamericana de Redes Avanzadas (Red CLARA).[1][4]
Premios e Recoñecementos
- Premio á Traxectoria 2009, outorgado polo Rexistro de Direccións de Internet para América Latina e o Caribe (LACNIC) ás persoas que contribuíron ao desenvolvemento permanente de Internet.[6]
- Primeira personalidade latinoamericana en ingresar ao Salón da Fama da Internet Society en 2013, unha iniciativa que honra ás persoas que foron importantes para o desenvolvemento e fortalecemento do Internet.[7][8][9][10]
- Moña de Honra 2014 polo Consello de Educación Inicial e Primaria na Escola Pública Nº 4 José Artigas, onde a enxeñeira realizou os seus estudos primarios.[11]
- A Administración Nacional de Correos emitiu selos en 2015 da serie de "Personalidades destacadas de Uruguai" dedicados a Ida Holz.[12]
- Recoñecemento en homenaxe á súa carreira como pioneira de Internet no Uruguai en 2017, no marco da celebración dos 10 anos do Plan Ceibal.[13]
- En 2020 foi incluída en "Uruguayas rebeldes", libro que reúne a 45 mulleres que marcaron a historia do Uruguai.[14]
- Un dos denominados "pais de internet" Vint Cerf, consultado sobre a existencia dunha "mai de internet", sinalou:
"Si, existe unha mai de internet. E chámase Ida Holz, ela é considerada a mai de internet no Uruguai. E hai outras mulleres que participaron no desenvolvemento de internet."
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 de Tomas, Tania (23 de maio de 2013). "Ida Holz: alma tecnológica". El Observador. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2017.
- ↑ "50 mujeres uruguayas influyentes". El Observador. Uruguai. 8 de marzo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Ida Holz y el hospital virtual". El País. 13 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 17 de maio de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 "“Hay que cambiar todo en la educación: desde las estructuras hasta las formas de conducción”". Grupo 180 (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ "Ida Holz Bard". Frida 2013 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 12 de maio de 2013.
- ↑ "Resultado "Premio Trayectoria 2009"". LACNIC. 3 de agosto de 2009. Consultado o 12 de maio de 2013.
- ↑ El Observador (26 de xuño de 2013). "Ida Holz en el Salón de la Fama de Internet". Uruguai. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013.
- ↑ "Internet Hall of Fame Announces 2013 Inductees". Internet Society (en inglés). 26 de xuño de 2013.
- ↑ "Ida Holz ya está en el Salón de la fama de Internet". Agesic. Uruguai. 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013.
- ↑ "Ida Holz, primera latinoamericana nominada para integrar Salón de la Fama de Internet". UDELAR. Portal de la Universidad de la República de Uruguay. 26 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2016.
- ↑ "Ida Holz recibió la “moña de honor”". Agesic. Uruguai. 30 de setembro de 2014. Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ "Resultado "Premio Trayectoria 2009"". Montevideo Portal. 21 de outubro de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ "Ida Holz homenajeada en 10 años de Ceibal". Agesic. Uruguai. 11 de maio de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ EFE. "Uruguaias rebeldes: de la 'madre de internet' a una campeona mundial de boxeo". Axencia EFE. Edición América. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ Molina, Paula (24 de decembro de 2015). "Qué Pasa?". Copesa. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Sí, existe una madre de internet. Y se llama Ida Holz, ella es considerada la madre de internet en Uruguay. Y hay otras mujeres que participaron en el desarrollo de internet.
Véxase tamén
Ligazóns externas