Iago García Pérez, nado en Ferrol en 1979, é un actor galego.
Traxectoria
Aos 18 anos marchou a Londres para reflexionar sobre o seu futuro, e durante a súa estancia na capital inglesa decidiu dedicarse á interpretación. Regresou a Madrid para ingresar na Real Escola de Arte Dramática, e alí traballou como camareiro, comercial e figurante no parque Warner Bros. En televisión participou en diversas campañas publicitarias relacionadas coas eleccións así como intervencións en series como Aída, Sete vidas ou Memoria de España, onde deu vida a Henrique II, o primeiro monarca da dinastía dos Trastámara. Deuse a coñecer ao gran público grazas ao seu traballo na serie de TVE, Amar en tiempos revueltos, onde encarnou o papel de Ernesto Expósito, un home disposto a calquera cousa con tal de alcanzar os seus obxectivos.
Series de televisión
Personaxes fixos
Personaxes episódicos
Véxase tamén
Ligazóns externas