"I am a Catalan" é a frase inicial e que mellor identifica o discurso pronunciado por Pau Casals na sede da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 24 de outubro de 1971 con motivo da estrea do Himno das Nacións Unidas, que el mesmo compuxera, e para recibir a Medalla da Paz das Nacións Unidas en recoñecemento á súa posición pola paz, a xustiza e a liberdade. Ademais a continuación do discurso, Casals interpretou co violoncheloEl cant dels ocells, a canción tradicional catalá que popularizou por todo o mundo. Unha melodía que como o propio Casals dixo, nacía da alma do seu pobo, Cataluña e que tocaba como un canto de paz.[1] Como aceptación da medalla pronunciou un discurso en inglés e catalán, lembrando as reunións de Paz e Tregua de Deus:
Deixeu-me que us digui una cosa... jo sóc català. Catalunya és avui una regió d'Espanya, però què ha estat Catalunya? Catalunya ha estat la nació més gran del món. Jo us n'explicaré el per què. Catalunya va tenir el primer Parlament, molt abans que Anglaterra. Catalunya va tenir les primeres Nacions Unides: al segle XI totes les autoritats de Catalunya es van reunir en una ciutat de França —aleshores Catalunya— per a parlar de pau, al segle XI... pau al món i contra, contra, contra les guerres, la inhumanitat de les guerres.... això és Catalunya.
But let me say one thing. I am a Catalan. Today a province of Spain. But what has been Catalonia? Catalonia has been the greatest nation in the world. I will tell you why. Catalonia has had the first parliament, much before England. Catalonia had the beginning of the United Nations. All the authorities of Catalonia in the 11th century met in a city of France, at that time Catalonia, to speak about peace. At the 11th century! Peace in the world and against, against, against war, the inhumanity of war. This was Catalonia. I am so so happy, so moved to be here, with you.
Deixádeme que vos diga unha cousa... eu son catalán. Cataluña é hoxe unha rexión de España, mais que foi Cataluña? Cataluña foi a nación máis grande do mundo. Eu explicareivos por qué. Cataluña tivo o primeiro Parlamento, moito antes que Inglaterra. Cataluña tivo as primeiras Nacións Unidas: no século XI todas as autoridades de Cataluña se reuniron nunha cidade de Francia -daquela en Cataluña- para falar de paz, no século XI... paz no mundo e contra, contra, contra as guerras, a inhumanidade das guerras... iso é Cataluña.
Pau Casals i Defilló
O discurso tivo un impacto importante sobre a sociedade catalá que vivía baixo a ditadura de Franco e converteuse nun lema popular entre o nacionalismo catalán que podería ter visto a súa identidade e historia recoñecida a nivel mundial por un dos seus grandes cidadáns.[Cómpre referencia] Foi a primeira vez que se empregaba a lingua catalá na Asemblea Xeral das Nacións Unidas.