A norma ISO 9362 establece un código de identificación bancario empregado principalmente para facilitar as transferencias internacionais de diñeiro. Este código coñécese coma código SWIFT ou código BIC.
O código consta de 11 caracteres:
- Os primeiros catro caracteres identifican o banco;
- Os seguintes dous caracteres identifican o país (seguindo a norma ISO 3166-1);
- Os seguintes dous caracteres identifican a localidade;
- Os últimos tres caracteres son opcionáis e identifican a oficina; pódese empregar XXX para referirse á oficina principal.
Tamén se pode empregar unha versión abreviada de oito caracteres, na que se entende que a oficina referenciada é a principal.
A Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT) xestiona estes códigos, dos que existen ao redor duns 7.500 activos (para contrapartes conectadas activamente á rede BIC) e ao redor de 10.000 códigos adicionáis empregados en transaccións manuais.
Exemplos de códigos
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas