Hugo II do Maine, nado c. 920-925 e finado en 992, foi conde do Maine no século X. Era fillo de Hugo I do Maine e probabelmente dunha filla de Goslino II do Maine.
Traxectoria
Foi conde do Maine cando morreu o pai, entre 939 e 955, e foi, como o seu pai, un dos primeiros vasalos do seu tío Hugo o Grande. Este último morreu en 956, deixando un fillo novo, o futuro Hugo I de Francia, e Hugo II aproveitou para se independizar desta soberanía, como Folque II o Bo, conde de Anjou e Teobaldo I de Blois, conde de Blois[1].
Despois, aliouse co fillo de Teobaldo, Eudes I, nunha coalición contra o rei capeto. Sixefredo, bispo de Le Mans, fiel a Hugo Capeto, tivo que fuxir da cidade e refuxiarse co conde de Vendôme, Bucardo I, ao que lle deu os dominios que acabaron formando o Bas-Vendômois.
Non se sabe quen foi a súa muller. O nome do seu terceiro fillo indica unha relación probábel desta muller coa casa de Vermandois. Tiveron tres fillos[2]:
Tamén tiña varias fillas,[4] incluíndo quizais Melisenda do Maine, muller de Xudicael de Nantes, conde de Nantes.
Notas