Horacio Allegue Lamas, nado en Ares o 7 de marzo de 1972, é un remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.
Traxectoria
Membro do Club de Remo Ares, foi campión de España infantil e pouco despois entrou na selección española, onde foi adestrado polo campión olímpico soviético Oleg Golovanov, de cara aos Xogos Olímpicos de Barcelona.[1] Competiu na cita olímpica con só 20 anos, integrado no equipo español de oito con temoneiro, quedando na derradeira posición tanto na serie inicial como na repesca.[2]
Posteriormente pasou ao Real Club Náutico de Vigo, e en 1994 foi sétimo no Campionato de Europa de Remo, en oito con temoneiro.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas