Hoorn é un concello e cidade dos Países Baixos, na provincia de Holanda Setentrional. Atópase en IJsselmeer, 35 quilómetros ó norte de Ámsterdam, e ten dereitos de cidade dende 1357. Hoorn tiña unha poboación de 71 888 no 2014. Ten unha área de 53,25 km², dos cales 33,00 km² son auga, principalmente do Markermeer. A cidade está formada polas vilas ou distritos: Blokker, Hoorn, Zwaag, e parte de Bangert e De Hulk.