Pouco despois de ser proclamado emir tivo que se enfrontar co seu irmán Suleimán quen se consideraba o emir lexítimo e que tiña o apoio doutro irmán máis novo, Abd Allah, logo dalgún tempo de rebelión acabou por recoñecer a Hixam como emir.
Fortalecido no interior, Hixam, realizou expedicións periódicas de castigo contra os reinos cristiáns do norte na procura de botín. Durante o seu reinado estableceuse a escola malekí como a doutrina xurídica oficial en Al-Andalus.