Historia de un crime: Colmenares é unha serie de televisión colombiana estreada en Netflix o 3 de maio de 2019.[2] Está protagonizada por Laura Osma, Fabiana Medina, Enrique Carriazo, Juliana Velásquez e Sebastián Osorio, e a serie está baseada no caso Colmenares, no que perdeu a vida Luis Andrés Colmenares o 31 de outubro de 2010 na cidade de Bogotá en estrañas circunstancias.[3]
Sinopse
O mozo de vinte anos Luis Andrés Colmenares foi atopado sen vida en confusos feitos o 31 de outubro de 2010 na cidade de Bogotá. Nun principio, as autoridades determinaron que Colmenares falecera tras caer nun cano de auga, feito que corroboraron os testemuños dalgúns dos seus compañeiros de universidade, en especial o de Laura Moreno, con quen Colmenares tentaba unha relación sentimental. Porén, logo de facerse algunhas probas sobre o corpo de Luis Andrés, empezouse a sospeitar sobre un presunto asasinato.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas