Helga de Alvear, nada en Kirn (Alemaña) en 1936 é unha galerista e coleccionista de arte alemá residente en España, país onde iniciou e desenvolveu a súa actividade profesional internacional. É a principal impulsora da Galería Helga de Alvear e o Museo de Arte Contemporánea Helga de Alvear.
Premios e recoñecementos
- 2007 Medalla de Extremadura.[1]
- 2008 Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes do Ministerio de Cultura de España.[2]
- 2011 Medalla de Cáceres.[3]
- 2012 Premio da Fundación Arte e Mecenazgo na categoría Coleccionista.[4]
- 2020 Medalla Internacional das Artes da Comunidade de Madrid 2020.[5]
- 2023 Premio Patrimonio 2023, que concede o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade.[6]
Notas