Helene Amalie Krupp, nada en 1732 e finada en 1810, pode ser considerada como cofundadora do imperio Krupp, que aínda hoxe sobrevive como Thyssen Krupp AG.
Traxectoria
Tras a morte do seu marido Friedrich Jodocus Krupp (1706-1757), do que herdara unha tenda de ultramarinos, converteuse nunha muller de negocios de éxito e aumentou o seu patrimonio mediante unha combinación de empresas comerciais e de produción. Isto serviu máis adiante ao seu neto Friedrich Krupp (1787-1826) para construír a súa primeira acería.
O pozo mineiro Helene-Amalie en Essen-Altendorf leva o seu nome.