Hauru no Ugoku Shiro (en xaponés ハウルの動く城) é un filme de animación en lingua xaponesa de 2004, escrita e dirixida por Hayao Miyazaki. Esta baseada na novela de Diana Wynne Jones Howl's Moving Castle.
Sinopse
Sophie ten dezaoito anos. Traballa sen descanso na tenda de sombreiros que rexentaba o seu pai antes de morrer. Nun dos seus pouco habituais paseos pola cidade, Sophie coñece ó mago Howl (Hauru no Xapón). Howl é un xove con poderes extraordinarios pero a Sophie dálle a impresión de que Howl agacha algo.
O encontro entre Sophie e Howl non pasou desapercibido para a Meiga, quen odia terriblemente a Howl. Cando Sophie volve á tenda, a Meiga, facéndose pasar por unha clienta, enfeitízaa, transformándoa nunha vella de 90 anos que non pode dicir a súa verdadeira identidade.
Sophie, vese na obriga de abandonar o seu fogar e decide entón buscar a Howl para que lle axude a romper o feitizo. Howl vive nun “castelo máxico” que ten a peculiaridade de trasladarse a vontade do seu dono. Sophie mergúllase no descoñecido, na busca do castelo ambulante, perdéndose en terras desoladas. Finalmente e case por casualidade, chega ó lugar no que se atopa a residencia de Howl. Alí coñece ó xove aprendiz de meigo, Marko, e ó encargado do mantemento do castelo, Calcifer, un demo do lume. Ó non poder revelar a súa identidade, Sophie ten que inventar algunha escusa para quedar no castelo, e consegue que a contraten como asistenta.
Personaxes
(Voces de dobraxe na versión orixinal xaponesa)
Premios e nomeamentos
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Filmes dirixidos e escritos | |
---|
Filmes escritos | |
---|
Televisión e OVAs | |
---|
Manga | |
---|