Hathor

Hathor
Hathor. Museo de Luxor
Deusa Athor do templo de Dendera
Capitel hathórico
O7D2
r
C9

ou

O10

Hathor Hwt-Hert, Het-Heru, Het-hert, nome co significado de Casa de Horus. Nome exipcio Hut-Hor. Nome grego: Hathor. Deidade grega: Afrodita. Deidade fenicia: Astarté. Deidade semita: Baalat.

Señora do ceo, deusa do amor, deusa nutricia, do baile e as artes musicais e patroa dos ebrios na mitoloxía exipcia. Foi unha das deusas mais veneradas do Antigo Exipto

Iconografía

Representada baixo tres aspectos:

  • En forma de vaca.
  • Como muller con orellas e cornos do mesmo animal.
  • Como muller cun toucado consitente nunha peluca, cornos e un disco solar.

O seu atributo era o sistro.

Na súa faceta vingadora comparte en moitas ocasións o aspecto leonino da deusa Sekhmet, e baixo esta forma é considerada como un dos ollos do deus solar Ra.

Mitoloxía

Foi a nai do deus Horus, aínda que algunhas fontes suxiren que había un matrimonio sagrado con Horus como parte do festival anual en Luxor. Xuntos vingaron a morte do pai de Horus, o deus Osiris.

Xa que o faraón é identificado con Horus, Hathor é considerada como a nai divina de cada monarca reinante (entre os títulos reais figura o de Fillo de Hathor).

Baixo a forma dunha vaca acolle e protexe aos defuntos, ofrecendo alimentos aos mortos. Máis tarde se identificou con Isis, que a substituíu como madre de Horus.

En Dendera, onde se atopaba o seu principal centro de culto, era a deusa do amor, a maternidade, a beleza xuvenil, a alegría e o erotismo. Na súa faceta funeraria, especialmente na zona oeste de Tebas era denominada Señora de Occidente. Entendíase que cada atardecer recibía o sol poñente, ao que protexía ata o seguinte amencer.

Entre os seus poderes críase que podía fixar o destino e a sorte dos meniños.

Tivo templos dedicados en Abu Simbel – identificada con Nefertari –, File, Deir el-Medina, Deir el-Bahari, Dendera, Serabit el-Jadim (Sinaí) ou Menfis.

A imaxe da cabeza da deusa foi esculpida nos capiteis das columnas de moitos templos e capelas, denominándose capiteles hathóricos. Foi a única deidade representada de tan singular maneira.