Hasta siempre, comandante é unha canción composta polo cubanoCarlos Puebla en 1965. A letra é unha resposta á carta de despedida de Che Guevara, no momento en que abandonou Cuba. Lembra momentos clave da Revolución cubana de xeito poético, glorificando a figura do Che e o seu papel de comandante revolucionario. A canción converteuse nunha icona despois da morte do guerrilleiro. Moitos artistas fixeron as súas propias versións da canción.
Estrutura métrica
Como moitas das cancións do autor, e de acordo coa versificación da trova cubana e caribeña, a música consta dunha serie de redondillas ou cuartetos octosílabos con rima consonante en esquema abrazado "ABBA".
A canción aparece nunha escena da película Estado de asedio ( 1972 ), de Costa-Gavras: cando os estudantes uruguaios se enrocan na universidade, protestando pola excesiva represión durante o goberno de Jorge Pacheco Areco, a canción pode escoitarse a través dos altofalantes do establecemento, mentres que as forzas policiais intentan inutilmente silenciala. Tamén se pode escoitar nas primeiras escenas da película arxentina Tango feroz: la leyenda de Tanguito.