Hal Pereira, nado en Chicago (Illinois) o 29 de abril de 1905 e finado nos Ánxeles (California) o 17 de decembro de 1983, foi un director de arte estadounidense que traballou en Hollywood entre as décadas de 1940 e 1960.
Traxectoria
Estudou na Universidade de Illinois e posteriormente traballou na industria cinematográfica durante máis de 20 anos, durante os cales participou en máis de 200 filmes. A pesar de ter sido candidato ao Oscar en 23 oportunidades, gañouno só unha vez, en 1955, pola súa labor na película The Rose Tattoo.
Foi director artístico da serie de televisión Bonanza.
Véxase tamén
Ligazóns externas