Hairway to Steven é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Butthole Surfers, publicado o 11 de abril de 1988 a través do selo Touch and Go Records.[1] Todas as súas cancións foron escritas pola banda, e coproducidas entre Butthole Surfers e Ric Wallace, que tamén se ocupou da mestura. O álbum foi gravado en xaneiro de 1988 no Sound Studio en Dallas. O disco foi reeditado polo selo Latino Buggerveil en 1999.
O título de Hairway to Steven é un xogo de palabras co da popular canción de Led Zeppelin "Stairway to Heaven". Algúns dos seus temas tamén fan mención a outros músicos famosos, como Julio Iglesias.
Listaxe de cancións
Todos os temas escritos e coproducidos por Butthole Surfers.
Cara 1
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Jimi/Cartoon Song" |
12:38 |
2. |
"Ricky" |
2:36 |
3. |
"I Saw an X-Ray of a Girl Passing Gas" |
4:56 |
Cara 2
N.º |
Título |
Duración |
4. |
"John E. Smoke" |
6:40 |
5. |
"Rocky" |
3:45 |
6. |
"Julio Iglesias" |
3:05 |
7. |
"Backass" |
6:07 |
8. |
"Fast" |
1:35 |
Notas