Os gádidos (familia Gadidae) son peixes mariños da orde Gadiformes. Inclúe especies de grande importancia comercial coma o bacallau, burro, merlán, abadexo ou a faneca, e constitúe a segunda familia, despois dos clupeidos, en volume mundial de pesca.[1].
O nome procede do latín gadus, nome dun peixe indeterminado, probabelmente un gadiforme,[2] e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.[3]
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Oligoceno, a metade do Era Terciaria [4].
Anatomía
Son todos peixes fusiformes, con tres aletas dorsais e dúas anais, todas elas sen espiñas, coa base das aletas pélvicas por diante das pectorais. Presentan dentes no óso vómer da boca e adoitan ter barbas na queixada inferior. Alcanzan tamaños máximos de ata 2 m no caso do Gadus morhua.
Os membros desta familia distribúense fundamentalmente poas zonas circunpolares e augas temperadas, principalmente no hemisferio norte.
A maioría das especies son bentopeláxicas e aliméntanse doutros peixes e invertebrados. Resulta común que os exemplares xuvenís se agrupen en grandes bancos que migran longas distancias.
Taxonomía
Considérase que a familia Gadidae divídese nun total de 24 especies válidas, agrupadas en 13 xéneros (FishBase):
- Xénero Arctogadus (Dryagin, 1932)
- Xénero Boreogadus (Günther, 1862)
- Xénero Eleginus (Fischer, 1813)
- Xénero Gadiculus (Guichenot, 1850)
- Xénero Gadus (Linnaeus, 1758)
- Xénero Melanogrammus (Gill, 1862)
- Xénero Merlangius (Geoffroy, 1767)
- Xénero Microgadus (Gill, 1865)
- Xénero Micromesistius (Gill, 1863)
- Xénero Pollachius (Nilsson, 1832)
- Xénero Raniceps (Oken, 1817)
- Xénero Theragra (Lucas, 1898)
- Xénero Trisopterus (Rafinesque, 1814)
Notas
- ↑ Cohen, D.M.; T. Inada, T. Iwamoto y N. Scialabba (1990). "FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to dat". FAO Fish. Synop 10 (125): 442.
- ↑ P. Romero: An etymological dictionary of taxonomy, Madrid 2002
- ↑ Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.
- ↑ L. S. Berg: System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische, VEB Verlag der Wissenschaften, Berlín, 1958.
Véxase tamén
Ligazóns externas