Guillerme IV de Poitiers e VI de Aquitania o Gordo, nado en 1005 e finado en 1038, foi conde de Poitou (1030-1038) fillo de Guillerme V de Aquitania (III de Poitiers) e de Adalmodis de Gavaldán.
Inés organizou unha liga de señores aquitanos contra Guillerme o Gordo para a que obtivo o apoio do vizconde Godofredo II de Thouars e dos seus vasalos. En 1033, Godofredo Martel abandonou Saumur á cabeza dun exército e entrou en Poitou, dirixíndose ao territorio do seu aliado o vizconde de Thouars. Ao mesmo tempo, o exército do duque Guillerme atopábase en Moncontour, a uns 15 km ao sueste. Os dous exércitos atopáronse preto da altura de Mont-Couer en Taizé. Godofredo Martel obtivo a vitoria na batalla que seguiu e fixo prisioneiro a Guillerme (20 de setembro de1033) preto de Saint-Jouin-de-Marnes. O bispo de Poitiers, Isemberto, e a esposa de Guillerme, Eustaquia, lograron manter a unidade do ducado e dirixir o condado. Guillerme non recuperou a liberdade ata 1037, pagando un rescate. Retomou a loita pero foi derrotado e tivo que renunciar na illa de Oléron. Guillerme e Eustaquia non tiveron fillos.
Morreu o 15 de decembro de1038 e foi enterrado en Maillezais. O lexítimo sucesor foi o duque Odón ou Eudes de Gascuña (tamén coñecido como Odón de Poitiers), pola súa nai, Brisca, a segunda esposa de Guillerme o Grande, irmá de Sancho V Guillerme de Gascuña.
Véxase tamén
Bibliografía
«Guillerme VI / IV», «Os condes de Poitiers 2» France Balade [consulta 6 de marzo de 2014.]