Guerra de independencia de Texas

Guerra de independecia de Texas

Mural sobre a batalla de San Jacinto, con Sam Houston no centro da imaxe
Data 2 de outubro de 1835 - 21 de abril de 1836
Lugar Texas
Resultado Tratado de Velasco e independencia de facto da República de Texas.
Conflitos intermitentes durante a década de 1840 que finalmente conduciron á Intervención norteamericana
Belixerantes
México
Mercenarios estranxeiros
Texas Texas[1]
Voluntarios estadounidenses
Líderes
Antonio López de Santa Anna
Martín Perfecto de Cos
José de Urrea
Stephen Fuller Austin
Edward Burleson
Samuel Houston
Forzas en combate
6.500 aprox 2.000 aprox
Baixas
2.500 aprox 860 aprox

A Guerra de independencia de Texas, tamén coñecida como Revolución Texana,[2] foi o conflito que enfrontou o goberno de México e os colonos texanos entre o 2 de outubro de 1835 e o 21 de abril de 1836.

Os problemas entre o gogerno mexicano e os habitantes do que daquela era a provincia Coahuila e Texas comezaran coa promulgación da constitución centralista de 1835, coñecida como as Sete Leis. Esta nova lexislación, promulgada polo presidente mexicano Antonio López de Santa Anna, deixaba sen efecto a antiga constitución federal de 1824. Pouco tempo despois, xurdiron pronunciamentos en diversas rexións do país. A guerra comezou no territorio texano o 2 de outubro de 1835 coa batalla de Gonzales. Axiña as forzas texanas tomaron as cidades de La Bahia (actual Goliad) e San Antonio Béjar (actual San Antonio), malia que serían derrotadas poucos meses despois.

Despois dalgunhas vitorias mexicanas, a guerra acabou de xeito inesperado na batalla de San Jacinto, a uns 300 quilómetros de San Antonio. Neste conflito, o xeneral Samuel Houston liderou os rebeldes texanos e voluntarios estadounidenses na vitoria sobre unha parte das tropas mexicanas, baixo o comandamente directo de Santa Ana, que ademais foi capturado. Despois do remate da guerra, formalizaríase a independencia da República de Texas. Posteriormente, en 1845, os Estados Unidos anexionaríanse este territorio, e as disputas entre os dous países conducirían en última instancia á intervención norteamericana en México, entre 1846 e 1848.

Notas

  1. No comezo do conflito existían discrepancias entre os texanos sobre o auténtico alcance da revolución. Mentres algúns crían que o obxectivo era o restablecemento da Constitución de 1824, outros pedían abertamente a independencia. Os conflitos resolvéronse cunha convención de delegados que promulgou a Declaración de independencia do 2 de marzo de 1836. Era o nacemento da República de Texas.
  2. Chamada Texas Revolution en inglés ou Revolución de Texas en castelán. Esta nomenclatura non se axustaría correctamente á definición do termeo en galego, xa que unha revolución implicaría unha "transformación profunda e rápida da estrutura social, económica e política dunha sociedade", que non se deu neste caso.