Unha guelta, pronunciado ['gelta], (ou noutros idiomas locais qalta, galta, agelmim ou agelmam), é un termo árabe (قلتة) do norte de África que significa depresión no terreo entre rochas que contén auga, que pode ser desde unha poza a un lago. É unha bolsa de auga que se forma nas canles de drenaxe ou uadis do Sáhara, en cuncas sen saída ou en cisternas nas rochas.[1] O seu tamaño e duración dependerá da súa localización e condicións, polo que poden ser temporais, estacionais ou permanentes. Poden acabar secándose ou durar todo o ano incluso na estación seca se son alimentadas por algunha fonte como augas subterráneas .[1] Cando os ríos non permanentes (uadis) secan poden quedar bolsas de auga nalgúns lugares do seu curso, orixinándose gueltas.[1] No Sáhara occidental as gueltas correspóndense con oasis.[1] Moitas están en zonas montañosas protexidas da forte exposición ao sol.