O groove metal (tamén coñecido como post-thrash ou neo-thrash) é un subxénero da música heavy metal. Os xornalistas musicais e seareiros usan o termo para definir a bandas como Pantera,[3]Exhorder e Machine Head.[4] O groove metal colle a intensidade e cualidades sónicas do thrash metal e interprétaas a tempos medios, coa meirande parte das bandas facendo só ocasionais incursións cara tempos rápidos.[5]
Características e orixe
Pantera's O álbum Cowboys from Hell (1990) de Pantera foi descrito como "innovador" e "definidor dos planos" para o xénero groove metal.[6] A banda King's X foi chamada a proxenitora do xénero e o seu álbum de estrea de 1988Out of the Silent Planet adoita a ser citado como unha das maiores influencias do groove metal. Ian Christe lle atribue ao Chaos A.D. de Sepultura e a Pantera o crear a música groove metal derivada do death metal, influenciando a posteriores grupos do xénero durante os anos 90.[1] A estrea de Exhorder, Slaughter in the Vatican, tamén está considerado un dos primeiros álbums de groove metal, sendo publicado en 1990. Os grupos de groove metal incorporaron tamén thrash metal e crossover thrash. Tommy Victor de Prong afirma que a actitude do groove metal procede de Bad Brains.[7]
Bandas pioneiras do groove metal como Pantera (orixinalmente un grupo de glam metal e speed metal nos 80)[5][6] e Sepultura (orixinalmente tocando thrash metal e death metal)[11] sentaron as bases para o nu metal nos 90 e algúns desenvolvementos do metalcore nos 2000.[22] O nu metal é un subxénero do metal alternativo[22] que utiliza riffs con afinacións máis baixas, un compás máis influenciado polo hip hop accesible para rapear e facer turntablism[23], e ritmos groove metal,[2] carecendo normalmente de solos de guitarra e arranxos complexos.[24] O metalcore enfatiza as características xerais do heavy metal ademais dos breakdowns,[25] que son pasaxes máis lentos e intensos que conducen ao moshing.[26]
↑ 4,04,1Simmonds, Jeremy (2008). The Encyclopedia of Dead Rock Stars: Heroin, Handguns, and Ham Sandwiches(en Encyclopedia). Chicago Review Press. p. 535. ISBN978-1-55652-754-8.